Aviso Legal

Responsable legal da páxina web

Fundación Praza Pública

Nif/Cif: G-70319116

Enderezo: Rúa Barcelona, 38, 4º D

Correo electrónico de contacto: tendapraza@gmail.com

Tél:

Datos Rexistrais: Registro de asociacións de Galicia

 

Responsable legal da tenda online

Serlogal 2.0 SL

Nif/Cif: B-94062411

Enderezo: O Castelo, 33 – A (Lérez)  C.P. 36156 Pontevedra

Correo electrónico de contacto: info@serlogal.com

Tél: 986 76 10 42

Datos Rexistrais: Rexistro Mercantil de Pontevedra, Tomo 3791, folio 1, Inscrición 1ª, Folla PO-53055.

 

Condicións de Uso

As presentes condicións legais regulan o uso permitido desta páxina web que Fundación Praza Pública (en diante, tenda.praza.gal) e Serlogal 2.0 SL (en diante SERLOGAL) poñen á disposición dos usuarios de Internet. Se non está conforme con estas condicións legais debe abandonar esta páxina web.

O Usuario ten a obriga a usar a web, os servizos e os seus contidos de forma dilixente, correcta e lícita e en particular, deberá absterse de:

- Suprimir, eludir ou manipular o “copyright” e outros datos identificativos dos dereitos dos seus titulares incorporados aos contidos, así como aos dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismo de información que puideren incluír os contidos.

- Introducir programas, virus, macros ou calquera outro dispositivo lóxico ou secuencia de caracteres que causen ou sexan susceptibles de causar calquera tipo de alteración na páxina web ou nos sistemas informáticos que a soportan.

- Usar ou instalar programas ou dispositivos capaces de invalidar os controis ou contrasinais de seguridade, establecidos por tenda.praza.gal ou SERLOGAL, estando igualmente prohibido descifrar as claves, sistemas ou algoritmos de cifrado ou calquera outro elemento de seguridade da páxina web ou calquera dos seus usuarios.

- Realizar copia ou captura de pantallas da páxina web, sen autorización expresa de tenda.praza.gal ou SERLOGAL.

- Efectuar copias ou versións da páxina web ou o seu código fonte, sen o consentimento expreso de SERLOGAL.

- Realizar calquera tipo de comportamento contrario á Lei ou á boa fe.

Exclusión de Responsabilidade

Nin tenda.praza.gal nin SERLOGAL, se fan responsables das perdas ou prexuízos que poida ocasionar ao usuario por virus, indispoñibilidade ou calquera outro comportamento anómalo da páxina web. Nesta páxina web adoptáronse todas as medidas de seguridade ao seu alcance e segundo o estado actual da técnica, para garantir o correcto funcionamento da web e evitar a xeración de calquera tipo de dano ao usuario.

Enlaces

tenda.praza.gal e SERLOGAL declinan calquera responsabilidade polos servizos e/ou información que se preste en outras páxinas enlazadas con esta Web. tenda.praza.gal nin SERLOGAL non controlan nin exercen ningún tipo de supervisión sobre as páxinas enlazadas. Os usuarios que utilicen estes enlaces deberán consultar as condicións legais expostas nas páxinas de destino.

Propiedade Intelectual

Os textos, imaxes, logos, signos distintivos, sons, animacións, vídeos, código fonte e resto de contidos incluídos nesta web, son propiedade de tenda.praza.gal ou SERLOGAL, ou dispoñen no seu caso, do permiso para o seu uso e/ou explotación.

Os usuarios desta páxina web poderán levar a cabo a reprodución ou almacenamento dos contidos almacenados nesta páxina para o seu exclusivo uso persoal ou as finalidades autorizadas nas condicións legais de contratación dos nosos produtos e servizos. Calquera outra transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento, total ou parcial, dos contidos almacenados nesta web, queda expresamente prohibida salvo previo e expreso consentimento de tenda.praza.gal ou SERLOGAL.

Versión

Este Aviso Legal é de data 16/04/2015 e calquera modificación dos seus termos será publicada na páxina web.