Cabalos e lobos

Cabalos e lobos

Nº:
373
Editorial:
Xerais
Ano de edición:
Materia
Narrativa
ISBN:
978-84-9914-836-6
Páxinas:
192
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

16,85 €

Despois:

16,01 €
IVE incluído
Comprar

Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos  e acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Alvaro co inquietante Bruno.
 Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos seus soños.