A viaxe de gagarín

A viaxe de gagarín

Editorial:
Xerais
Ano de edición:
Materia
Narrativa
ISBN:
978-84-9914-668-3
Páxinas:
280
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 3-4 días)
Colección:
NARRATIVA

Desconto:

-5%

Antes:

18,00 €

Despois:

17,10 €
IVE incluído
Comprar

Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba a era espacial, e tamén unha década que traería grandes cambios. Cincuenta anos despois, Miguel Mendiguren, un home na fronteira dos sesenta anos, mentres vela os días derradeiros da súa nai nun cuarto de hospital, lembra a proeza do cosmonauta ruso. Daquela el tiña dez anos  e gañara un concurso escolar de redacción cun traballo sobre esa primeira viaxe espacial. A raíz diso, os outros nenos pasan a chamarlle Gagarin, un sobrenome que o acompañará durante toda a súa infancia e adolescencia.
 Mentres se apaga a vida da nai, Miguel lembra os seus anos mozos, na Coruña da década dos sesenta. Os seus rexentan unha imprenta e unha libraría de barrio, aparentan ser unha familia coma as outras. Mais esconden perigosos segredos que Miguel irá desvelando a medida que se abre á complexidade da vida. Unha vida na España desa época, coa ditadura de Franco e a represión das liberdades máis básicas, coa ameaza permanente da Brigada Político Social, a policía secreta do Réxime. E tamén coa oposición clandestina, barreira imprescindible contra a barbarie. Naquel tempo de mocidade, Miguel tamén experimenta a revolución interior que supón namorarse. O arrebato da paixón  e a dor da ausencia, nunha relación marcada polas diferenzas de clase. 
 Emocionante historia de amor, engaiolante novela de formación e da memoria, A viaxe de Gagarin confirma a Agustín Fernández Paz como mestre da narrativa do noso tempo.

Outros libros do autor

  • CARTAS DE INVERNO
    -5%
    Titulo del libro
    CARTAS DE INVERNO
    FERNáNDEZ PAZ, AGUSTíN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 días)

    14,00 €13,30 €

  • O SOÑO DO MERLO BRANCO
    -5%
    Titulo del libro
    O SOÑO DO MERLO BRANCO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Bulebule...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 días)

    11,00 €10,45 €

  • O segredo da illa negra
    -5%
    Titulo del libro
    O segredo da illa negra
    Fernandez Paz, Agustin
    Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiro...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 días)

    10,00 €9,50 €

  • A neve interminable
    -5%
    Titulo del libro
    A neve interminable
    Fernández Paz, Agustín
    Un equipo de guionistas -tres mulleres e dous homes- recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie ...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 días)

    12,15 €11,54 €

  • Amistades secretas
    -5%
    Titulo del libro
    Amistades secretas
    Fernández Paz, Agustín
    Ojos Grandes es una pequeña ratoncita muy curiosa. Ella y su familia viven en una madriguera, entre dos viviend...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    8,50 €8,08 €