Colabora

Fundación Praza Pública

A Fundación Praza Pública é a responsable do xornal Praza Pública e a Tenda de Praza. A Fundación ten por finalidade o fomento da información e o debate públicos como forma de contribución ao exercicio cívico da cidadanía galega, ben como a promoción da cultura e da lingua galegas. A Fundación constituíuse con este fin, o de editar e promover o xornal Praza Pública, en xaneiro de 2012.

A Fundación reúne entre o seu padroado un amplo abano de persoas de distintas actividades profesionais e diversos lugares de Galicia. Ningún deles ten unha participación no capital social significativamente maior cá do resto de patronos.

 

Como se financia?

A Fundación Praza Pública finánciase fundamentalmente mediante as achegas dos e das cidadás que desexen mantela. Tamén se busca publicidade para poder conseguir a rendibilidade do medio e, xa que logo, a súa sustentabilidade.

Se queres sumar o teu esforzo para que Praza Pública medre e sexa un servizo para todos e todas, podes colaborar economicamente dunha forma moi sinxela. A vía máis tradicional é facer un depósito ou transferencia a favor da conta corrente IBAN ES5630700044516085339825, da Caixa Rural Galega, a nome de Fundación Praza Pública (se as fas dende fóra de España, o código BIC é: BCOEESMM070). Ademais, podedes facer esa mesma transferencia a través da web, empregando o servizo de Paypal que tes na páxina de achegas.

Tamén colaboras con Praza comprando nesta tenda; unha tenda online onde poderás atopar un cento de cousas e que está centrada en produtos galegos e culturais.

 

Contacto para publicidade

O xestor de publicidade de Praza Pública é Jesús Rivera Armán.

O seu contacto é publicidade@praza.com • (+34) 635 317 922