Ayuda eBooks

Axuda ebooks

Que é un ebook?

Un ebook é un libro en formato electrónico ou dixital.

Está confeccionado para ser lido en calquera tipo de computador ou en dispositivos específicos como os lectores de tinta electrónica e incluso, en computadores de peto ou teléfonos móbiles.
 

Vantaxes

Os ebook mércanse online, sen esperas nen gastos de envío e teñen unha dispoñibilidade inmediata.

Non hai gasto de papel nin de tinta polo que teñen un prezo de venta máis baixo que o libro impreso e son respectuosos co medio ambiente.
 

Dereitos de uso

Os ebooks teñen dereitos de uso restrinxidos para poder protexer os dereitos de autor.

Poderás ler o teu ebook tantas veces como queiras e no dispositivo que desexes, pero non poderás imprimilo ilimitadamente nin pasalo a un dispositivo que non estea autorizado.

Para xestionar estes dereitos utilízase un identificador Adobe ID, que é unha forma de asegurar que un ebook pertence a unha soa persoa. Así evitamos a copia ilegal.

Obter un Adobe ID é moi sinxelo e tan só hai que especificar un nome, apelidos e email.

Tamén hai ebooks libres de dereitos de uso.
 

Como se compra

1.- Para poder xestionar os teus ebooks instala o programa gratuito Adobe Digital Editions.
2.- Certifica os teus permisos sobre o libre electrónico adquirido mediante un Adobe ID.
3.- Comproba que todo é correcto cun test de proba.

 

Queres saber máis ou tes dúbidas?: Formatos dispoñibles para os ebooks

Entre os formatos comunmente utilizados para os libros electrónicos atópanse os seguintes:

- PDF. Entre as súas vantaxes pódese citar a súa portabilidade e a súa estandarización ISO. É o formato máis utilizado debido ao seu uso sinxelo no enorme parque instalado de PC, computadores portátiles e netbooks. Entra as súas desvantaxes pódense citar que non é repaxinable como por exemplo, Mobipocket ou o estándar EPUB.

 

- Mobipocket (.prc, .mobi).
 

- Amazon Kindle (.azw) é o formato creado para dar soporte ao lector de libros electrónicos comercializado por Amazon. Está baseado en Mobipocket, cunha pequena diferencia no esquema do número de serie (utiliza un asterisco en troques dun signo de dólar) e ten o seu propio formato DRM.

 

- eReader (.pdb), de Palm Digital Media, cun bo soporte por parte de smartphones e PDA, xa que hai versións do software de lectura para iPhone, PalmOS, Symbian, BlackBerry, Windows Mobile...

 

- Microsoft Reader (.lit), é un dos formatos máis antigos, creado no ano 2000 lese con Microsoft Reader, unha aplicación gratuita da empresa de Seattle e orixinalmente estaba pensado para o seu uso en PDA.

 

- EPUB. É un formato orientado ao uso en dispositivos de tinta electrónica, é o de máis recente creación (2007) e xunto co PDF é o único con soporte internacional, xa que foi adoptado polo IPDF.

 

- FictionBook.

 

Requisitos previos para poder descargar un ebook

Para descargar un ebook precisas ter instalado o software gratuito Adobe Digital Editions nun computador de sobremesa ou portátil con alomenos 6Mb de espacio libre no teu disco duro. Para certificar os teus permisos sobre o libro electrónico adquirido é preciso que autorices Adobe Digital Editions cunha conta Adobe ID.

 

Que vantaxes ten autorizar o/s meu/s equipo/s cunha conta Adobe ID?

A utilización do Adobe ID como identificador no teu equipo permitirache conservar a propiedade do libro electrónico se perdes ou formatas o equipo. Ademais utilizando o mesmo Adobe ID poderás descargar o mesmo eBook en diferentes equipos. Obter un Adobe ID é unh proceso sinxelo e rápido que consiste en facer clic sobre o botón amarelo CREATE A ADOBE ACCOUNT e introducir posteriormente uns datos como o teu correo electrónico. Para autorizar o teu equipo podes insertar o teu Adobe ID durante a instalación ou posteriormente desde a opción de Adobe Digital Editions > Biblioteca > Autorizar equipo...

 

Impresión e copia de ebooks

O contido do ebook pode imprimirse e/ou copiarse se ditos permisos foron autorizados polo/a editor/a.

Podes comprobar cales son os dereitos ou permisos que foron configurados para cada libro: impresión e/ou copia na ficha particular de cada ebook.

A utilización do Adobe ID como identificado no teu equipo permitirache conservar a propiedade do libro electrónico se perdes ou formatas o equipo. Ademais utilizando o mesmo Adobe ID poderás descargar o mesmo eBook en diferentes equipos.
 

Uso de dispositivos lectores de libros

As páxinas aparecen na pantalla e con Adobe Digital Editions podes pasalas unha a unha, ou saltar de unha a outra como queiras. O ebook permíteche facer por exemplo busca de palabras ou ordenar os teus libros de diferentes maneiras. Ademais, se tes permiso, o texto pode ser impreso e/ou copiado ao portapapeis. As ferramentas e utilidades de Adobe Digital Editions son moi sinxelas de manexar.

Adobe Digital Editions funciona tamén como unha auténtica biblioteca no teu computador ao permitirche ordenar os teus ebooks de diferentes maneiras.

 

Información de interese antes de realizar a compra

Antes de realizar a compra dun libro electrónico debes asegurarte de que o teu computador, e-reader ou tableta poda ler ebooks con DRM.

Para ler os nosos ebooks:

• No seu PC ou MAC precisa instalar o aplicativo gratuito Adobe Digital Editions.

• Nun iPad/iPhone ou nun dispositivo Android deberás instalar o aplicativo gratuito BlueFire Reader (iPad / Android) ou calquera outro aplicativo que permita a lectura de ebooks con DRM.

• Noutros dispositivos con software específico deberás consultar o manual dos mesmos para asegurarte de que pode ler formato DRM.